O Club de Tenis de Mesa "Monte Porreiro" ven desenvolvendo as súas actividades dende o ano 1998, con actividades de divulgación da especialidade entre rapaces e rapazas do barrio, e organizando torneos de promoción nas vacacións escolares de verán e Nadal. O seu nacemento é no seo do Plan Comunitario de Monte Porreiro, que presta o seu apoio desde un principio tanto a nivel de medios humanos como materiais. O 04/11/2000 queda constituído legalmente e formaliza a súa inscrición no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia.
Nas tempadas 1999-2000, e na 2000-2001, participa cun equipo masculino federado na liga provincial. Na tempada 2004-2005 participa con 1 equipo na División de Honra Galega masculina que ascende a 28 División Nacional, 2 equipos na 33 División Nacional masculina acadando un o ascenso á categoría superior, 1 equipo na 28 División Nacional Feminina e 1 equipo na Liga Provincial.
Na actualidade preto de 50 deportistas, entre nenos,nenas e adultos desenvolven a súa actividade regularmente, tanto nas ligas federadas como nas actividades semanais dentro da Escola Deportiva Municipal de Tenis de Mesa, en colaboración co Instituto Municipal de Deportes. Tódalas actividades son abertas ó público, tanto para socios coma para non socios.
Os partidos dispútanse no Pavillón do Colexio Monte Porreiro. Igualmente o CEIP "Paio Gómez Chariño" colabora cedendo as súas instalacións para os adestramentos do equipo senior.
Nos campionatos escolares galegos participou con 25 nenos e nenas acadando o campionato o equipo infantil masculino, dobres masculinos, 3° clasificados en dobres masculinos, 2° e 3° clasificados individual masculino, 1 ° e 2° clasificados en dobres mixtos, e outros resultados meritorios.
En marzo organizáronse os 42° Campionatos de España Infantil e Xuvenil no Pavillón da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" coa participación de máis de 500 deportistas de toda España e con grande éxito de organización.


