Monte Porreiro incorporado á Rede de Dinamización da Sociedade da Información.

Tagged:  

A urbanización conta desde o 26 de xuño cun Centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información situado no Centro Socio Cultural. Está composto de 10 ordenadores equipados con software libre e a tecnoloxía máis avanzada, unha cámara fotográfica dixital, un retroproxector, unha impresora láser, unha impresora a cor, un escáner, webcams e lectores de DNI.

Coa posta en marcha deste novo Centro, a Rede de Dinamización da Sociedade da Información continúa co seu traballo de achegamento da poboación ás Novas Tecnoloxías.