A UNED programa cinco cursos de verán na súa sede de Monte Porreiro

Tagged:  

A semana do 9 ao 13 de xullo será lectiva para todos os efectos no centro asociado da UNED en Monte Porreiro. Eses días, o centro acollerá unha nova edición dos cursos de verán da institución, que nesta ocasión programou un total de cinco seminarios na cidade do Lérez.

Como en anteriores ocasións, a programación está moi vinculada a cuestións de actualidade.

Así, o ex ministro de defensa Gustavo Suárez Pertierra dirixe un seminario titulado O islam en España. Os desafíos da integración. Os fluxos migratorios cara a España dos últimos anos abriron a necesidade de responder aos desafíos que suscita unha sociedade multicultural, explica a institución académica no resumo do curso, que se pode consultar en www.unedpontevedra.es.

Este seminario terá como ponentes a José maría Ferre, embaixador en misión especial para asuntos do islam; a Máximo Cajal, representante do presidente do Goberno para a alianza de civilizacións; ou a José María Ridao, embaixador de España ante a Unesco. Tamén está prevista unha interesante charla sobre Muller e islam, a cargo de Dolors Bramon, profesora titular Estudos Arabes e Islámicos da Universidade de Barcelona.

Biomasa

Outro dos cursos de plena actualidade é o titulado Desenvolvemento sostible e enerxías renovables: potencial e límites, que abordará a potencialidade das enerxías solar e eólica, así como as aplicacións da biomasa á hora de procurar fontes de enerxía. Preténdese que o alumno consiga unha inmersión rápida nun tema tan emerxente como o das enerxías renovables, e así, durante unha semana, coñeza as diferentes fontes de enerxías limpas, seguras, autóctonas e respectuosas coa contorna ecolóxica, explica o director do seminario, Antonio Colmenar.

O ámbito da educación, protagonizará dous cursos: Dilexias: diagnóstico, recuperación e prevención, que profundizará nun dos problemas aos que se enfrontan con maior frecuencia as familias e os profesionais da educación; e O acoso escolar nas institucións educativas: implicación familiar, comunitaria e social.

O quinto curso que se celebrará en Pontevedra entre o 9 e o 13 de xullo titúlase Novos retos das TIC's no século XXI, e é continuidade do que se desenvolvo o ano pasado sobre as tecnoloxías da información.

Fonte: La voz de Galicia