Xoves 20 de decembro ás 7:30 da tarde
O programa Curtas no Nadal 07 está composto de xeito íntegro por curtas feitas en Galicia. Máis de 50 novos cineastas van ter a oportunidade de que os seus traballos se vexan ao longo do país.
Un proxecto para todos os públicos, con sesións nas que se inclúen filmes de ficción, animación ou documentario, coa presenza de actores, directores e técnicos que participaron nas gravacións. Presta ademais especial atención aos máis cativos, con sesións especialmente pensadas para eles.
A sesión na casa da cultura de Monte Porreiro está organizada pola Asociación Amizade e terá unha duración aproximada de 50 minutos.
Xoves 20 de decembro ás 7:30 da tarde no Centro cultural de Monte Porreiro


