Grazas ás xestións feitas por Amizade, Pontevedra puido gozar do proxecto itinerante Curtas no Nadal. Un proxecto da Consellería de Cultura, xestionado pola productora Mr. Misto Films, que ten como obxectivo promocionar e difundir a producción de curtametraxes realizadas en Galicia.
Amizade organizou este acto como unha actividade de ocio e tempo libre para os seus socios e socias pero quixemos facer desta proxección un espazo aberto a todos os cidadáns e cidadás que quixeron gozar dunha tarde diferente, na que tiveron ocasión de achegarse ao fenómeno das curtas, que está a ter unha gran vitalidade na nosa comunidade.
A proxección tivo lugar o xoves 20 de decembro, ás 19:30h, na Casa de Cultura de Monte Porreiro. O programa estaba composto por O Coleccionista (thriller de ficción), Incomunicados (comedia de ficción), Auga (cine fantástico de ficción), Longo sendeiro de Pedra (documental), e Rosa dos Ventos (drama de ficción). A proxección durou aproximadamente 60 minutos e contou coa asistencia do director de unha das curtas.
Desde Amizade coidamos que foi unha boa maneira de comezar as festas e mesmo para as interrelacións persoais polo que reiteramos o agradecemento aos asistentes.



