En Galicia viven aproximadamente 9.000 xitanas e xitanos. Esta poboación distribúese en 150 núcleos de poboación nun total de 50 Concellos. As sete grandes cidades albergan ao 70% do total da poboación xitana. Son unha minoria dos xitanos españois (non chegan ao 2%) e do total da poboación galega (un 0,25%).
A situación social da poboación xitana, da nasa comunidade é moi diversa e suxeita a un forte proceso de transformación. Nas últimas décadas, produciuse unha sensíbel mellara nas súas condicións de vida, propiciada polo acceso dos xitanos e xitanas aos sistemas de protección social, á vivenda pública e aos sistemas de saúde e educación.
Os aspectos que aínda están pendentes por resolver e sobre os que se debería traballar son, entre outros:
- Situación de pobreza e exclusión social. Un significativo número dos seus membros continúan sumidos en situacións de exclusión social, sometidos a procesos de discriminación que limitan o exercicio dos seus dereitos e o seu acceso aos recursos e aos servizos dos que desfrutan o resto dos cidadáns.
- Problemas de vivenda, focos de chabolismo e de infravivendas. A persistencia do chabolismo e a infravivenda, o deterioro e a degradación que sofren as viven das e o entorno no que estas se ubican, o amoreamento ou a falta de garantías para o acceso das familias xitanas mais des favorecidas á vivenda pública.
- Abandono escolar prematuro e absentismo. Aínda que a situación mellorou, seguen existindo uns niveis de fracaso e abandono escolar moi altos. Téndese á "guetización" dos centros públicos e non se aborda a situación desde un enfoque intercultural. Cada vez é mais habitual ver escalas ande o alumnado está categorizado en nenos pobres, inmigrantes e xitanos.
- Discriminación. A poboación xitana é a comu¬nidade mais discriminada por motivos étnicos ou raciais en España. Segundo o Barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) publicado en novembro de 2005:
- A mais do 40% dos españois amolarialles "moito ou abondo" ter como veciños a xitanos.
- A un de cada catro españois (25%) non lle gustaria que os seus fillos estean na mesma clase que nenos de familias xitanas.
A Comunidade Xitana segue constituíndo un dos grupos mais vulnerables da nosa sociedade e, en termos xerais, continúan sendo as cidadás e cidadáns galegos máis excluidos social e economicamente.
Acceder ao mercado de trabaIlo é a porta da integración social e a igualdade de oportunidades
O emprego é clave para garantir a igualdade de oponunidades. A maioría dos membros da comunidade xitana galega teñen seriamente limitadas as súas posibilidades de igualdade na participación social plena pala grande distancia que aínda lles separa da formación e o acceso aos empregos normalizados. Segundo dados do Estudo sobre A comunidade Xitana en Galicia 1990-2000, só o 7,5% da poboaciónxitana galega traballa por canta allea.
No panorama laboral das persoas xitanas galegas predominan as ocupacións que tradicionalmente viñeron exercendo: venda ambulante, recollida de residuos, traballos de tempada Estas ocupacións, a miúdo en recesión, son cada vez mais insuficientes para garantir o sostemento familiar e o acceso a outros bens e recursos, e xeran unha situación de dependencia das prestacións sociais.
Desde o punto de vista do contexto social, a comunidade xitana en Galicia se enfronta aos seguintes retos:
- En canto á igualdade de oportunidades, a comunidade xitana galega segue tendo un déficit importante en relación á sociedade maioritaria en educación, vivencia e emprego.
- A construción da súa cidadanía basé ase nuns dereitos insuficientemente garantidos e uns deberes asumidos.
- Hai un insuficiente recoñecemento da súa cultura e iso xera por parte dos xitanos e xitanas resistencia ao "non xitano".
- A falta da promoción das minorías no nasa país causa rexeitamento por parte da sociedade rnaioritaria. Este rexeitamento baséase en estereotipos e prexuízos derivados do descoñecemento que bloquean as oportunidades.
O programa Acceder promove a inserción laboral da poboación xitana no mercado de traballo ordinario: conseguir empregos, impulsar unha vontade entre os xitanos e xitanas para se incorporar a este mercado, pór ao seu alcance ferramentas fo_ativas, de orientación e acompañamento que o fagan posíbel e operar coas empresas e outros axentes sociais de Galicia para facilitar este cambio.
Fundación Secretariado Gitano
Persoas de referencia:
Rebeca (mediadora intercultural)
Maite (técnica en acción social).
Sor Lucía, 2 - baixo. 36002 - Pontevedra
Tel: 986 84 09 11 - Fax 986 84 07 46
E-mail | www.gitanos.org

