Memoria de actividades do ano 2004-2005

Tagged:  
  • Participación nos torneos de Lalín, Gondomar , R.C.N. Náutico de Vigo, Oleiros (A Coruña), Cambre (A Coruña) e Narón (A Coruña).
  • Organización dos Torneos de Verán e Nadal. Torneos abertos orientados a deporte base. Participación de equipos e deportistas de toda Galicia. Torneo de Verán. Participación de máis de 200 deportistas nas diferentes categorías.
  • Participación no Campionato Galego de Veteranos, en A Coruña
  • Participación de Emilio Álvarez Vilariño no Campionato de España de Veteranos de Selecciones Autonómicas, como membro da Selección Galega.
  • Participación no Campionato Galego Absoluto.
  • Participación na ni Copa Galicia que organiza a Federación Galega de Tenis de Mesa.
  • Participación nos Torneos da Federación Galega, de Veteranos, Benxamíns, Alevíns e Infantís na Coruña.
  • Participación na Concentración Galega de Categorías Base no Multiusos do Sar, en Santiago de Compostela.
  • Participación na fase zonal dos Campionatos Escolares.
  • Participación na fase final dos Campionatos Escolares en Silleda.
  • Colaboración na organización da fase zonal dos Campionatos Escolares.
  • Concentración da Federación Galega para categorías base, no Centro de Tecnificación Deportiva (1 semana).
  • Organización de unha concentración no Pavillón Municipal de Monte Porreiro en colaboración coa Federación Galega de Tenis de Mesa, e o Concello de Pontevedra. (10 días de duración). Participación ademais dos xogadores do club, dos Clubs Espedregada de Poio, e Pardavila de Vigo. Coordinación técnica a cargo de Valeri Malov, xogador de Superdivisión Nacional Española, Licenciado no equivalente ruso do INEF, e con abondoso currículo tanto como xogador, como técnico e ensinante.
  • Participación no Torneo Zonal de Rivas Vaciamadrid (Madrid), clasificatorio para o Campionato de España.
  • Participación no Torneo Galego Absoluto, en A Coruña.
  • Xornada de confraternización con deportistas e familiares.
  • III Torneo "Deportes Calderón" entre os equipos T.M. Lalín e T.M. Monte Porreiro.
  • Xornadas técnicas (6 días) a cargo de Valeri Malov. Xogador da Superdivisión de Honra Española, e Licenciado no equivalente ruso do INEF. Participación co Espedregada de Poio.
  • Entrevistas divulgativas do deporte en prensa.
  • Colaboracións escritas no xornal "Diario de Pontevedra".
  • Rolda de Prensa promocional en colaboración co Centro Comercial Vialia, e coa presencia do Concelleiro de Deportes, Presidente da Federación Galega de Tenis de Mesa, Delegado de Deporte Escolar.
  • Participación no Curso de Arbitros da Federación Galega de Tenis de Mesa.
  • Colaboración nas actividades deportivas da ANPA do Colexio Paio Gómez Chariño.
  • Escola Deportiva Municipal de Tenis de Mesa.
  • Colaboración coa Unidade de Día, do Concello de Pontevedra.
  • Actividades de integración de promoción a través do deporte para discapacitados.
  • Actividades de prevención de toxicomanías en colaboración coa Asociación Comunitaria de Monte Porreiro, e o Plan Galego sobre Drogas.
  • Asistencia técnica e colaboración na organización da Xornada HQR, promovida polo xornal "Diario de Pontevedra".
  • Colaboración coa Federación Galega na organización do Campionato Galego Infantil.
  • Colaboración coa Federación Galega na organización do Campionato Galego de Veteranos.